
Foisenos Suso Vaamonde nunha fria maña do 16 de Febreiro, para deixarnos a todos un pouco mais orfos. Non so orfos dese vozarrón ceibe e san, que despertaba conciencias e cantaba as verdades que algunhos non querían oir, senon tamen orfos dunha voz que se comprometeu a fondo co País e co Povo e que nunca se deixou levar pola tentación do "Espectáculo barato" e o diñeiro facil e abundante.
GALIZA - SUSO VAAMONDE
Galiza docemente
está ollando ao mar:
¡ten vales e montañase terras pra labrar!
Ten portos, mariñeiros
cidades e labregos¡
cargados de traballos
cargados de trafegos!
Galiza é unha nai
velliña, soñadora:
¡na voz da gaita rise,na voz da gaita chora
!Galiza é o que vemos:
a terra o mar, o vento...¡
Pero hai outra Galiza
que vai no sentimento!
Galiza somos nós:
a xente e mais a fala.
¡Si buscas a Galiza
en ti tes que atopa- la!

0 Comments:
Post a Comment
<< Home